venres, 17 de maio de 2019

O día das Letras Galegas traballamos para facer o noso propio cartel. Aquí o temos xunto o cartel elaborado polo portal da lingua galega











xoves, 9 de maio de 2019

Os maios


Participamos na exposición dos Maios en Porriño, elaborado por alumnos, mestres e pais de alumnos do CEEPR ACEESCA.
Participamos en certames elaborando carteis con motivo de festividades relacionadas coa nosa cultura como a festa dos Maios en Ourense ou o cartel da Festa da Istoria en Ribadavia.  






martes, 26 de febreiro de 2019

Celebramos o día de Rosalía cos nosos gaiteiros do grupo “ACEESCA FOLK” e cos alumnos do IES RIBEIRA DO LOURO

sábado, 26 de xaneiro de 2019

A pelota viaxeira: de O Porriño a Londres


A través da investigación e exploración de diferentes contos, espazos, materiais e saídas a contorna tratamos de elaborar un conto multisensorial sobre a diversidade e favorecer a inclusión do alumnado na comunidade.
Aquí tedes o primeiro conto: A volta ó mundo da pelota viaxeira, de O Porriño a Londres. 




Está en formato ZIP polo que ten que descomprimilo nun cartafol para que funcione.


venres, 25 de xaneiro de 2019


OBXECTIVOS DO BLOG

·       Difundir os contidos e actividades do proxecto
·   Crear un banco de recursos en lingua galega con materiais do proxecto e/ ou outros materiais do mercado realizando as adaptacións precisas para persoas con necesidades de apoio.





xoves, 24 de xaneiro de 2019



PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO
CEEPR ACEESCA
Nº código do centro: 36017031
Curso 2018/ 2019